lunes, 6 de marzo de 2017

Proxecto:

Para esta avaliación o noso profesor de deseño propúxonos crear un proxecto individual ou colectivo no que tiñamos que afondar en algunha rama do deseño e crear un traballo co que poder avaliarnos.
Ao principio comecei creando un par de proxectos cunha compañeira que acabaron quedando obsoletos por certos motivos, isto fíxome perder bastate tempo do trimestre. Para o proxecto decidín ir pola rama de deseño de produto e crear unha colección de chaveiros feitos manualmente.
Comecei buscando ideas de deseños nos que poder inspirarme e así descubrín unha páxina chamada ''Pinterest'' na que a xente sube imaxes dos seus traballos manuais ou os famosísimos ''DIY'' actuais. Aparte desta páxina tiven que buscar vídeos na web e pedir axuda a miña nai para crear certos adornos que utilicei para facer os chaveiros.
Como dixen previamente comecei coa idea final un pouco tarde así que me marquei como primeiro obxetivo a creacións dos bocetos, inspirándome como dixen antes en outras creacións vistas en ''Pinterest'', aquí deixo un enlace a unha carpeta creada por min nesa aplicación coas imaxes nas que me inspirei: https://es.pinterest.com/jessicaest12/dese%C3%B1o/
Xa con algunhas ideas claras na miña cabeza o seguinte obxetivo foi facer os bocetos:






Tras facer estes bocetos o que fixen foi plasmar as ideas finales con acuarelas e organizando os materiais que iba a utilizar na creación dos chaveiros:







Respecto aos materiais, algúns xa os tiña na casa como o fío para facer as borlas,ou abalorios que se caeran de pulseras vellas ou collares polo cal reutiliceinas, e a parte comprei moitos outros


Finalmente xa comecei co último obxetivo que era levar a cabo a creación dos chaveiros, este proceso levoume sobre unha semana e media. Durante o poceso fixen moitos dos adornos manualmente como as borlas, ou modificar os xa comprados.



Estas son as fotos do resultado final:








A parte destes chaveiros tamén tratei de facer chaveiros con goma eva, que fora unha idea que me dera o meu profesor, pero finalmente optei por non presentalos xa que quedarían moi diferentes aos que xa fixera, aínda así tratei de facer algún.

A colección dos chaveiros chameille ''Keyess'', unha fusión entre a palabra ''key'', chave en inglés, co meu nome. Para a colección fixen un pequeno vídeo para presentalos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario