lunes, 15 de mayo de 2017

Ética e dereitos dos animais

Na semana temática deste ano os alumnos de primeiro e segundo de bachiller fixemos unha exposición de obras no centro social coa temática ''Ética e dereitos dos animais''. Para esta exposición decidín facer un cadro en acrílico en relación coa corta do corno de rinoceronte, en concreto para a creación de bebidas afrodisíacas que aínda que o seu resultado é un mito e non funciona, isto segue sucedendo levando así a morte e case extinción deste animal.

SILLA

Para este traballo tiñamos que diseñar unha silla. Empecei facendo algúns bocetos:



Chegados ao boceto final decidín escollelo e deseñar unha silla dirixida a un público infantil, con colores chamativos, e na parte superior dúas ''orellas''  de coello, a da esquerda  serve como colgadoiro
Fixen o diseño final en inkscape e as súas vistas
Medidas:
 Producto completo
-Alto:1m.
-Diámetro:60cm
Solo asiento:
-Alto:90cm
-Ancho:30cm
Peso máximo: 35kg



Por último para ter unha idea mais clara decidín facer unha maqueta





domingo, 14 de mayo de 2017

SPOT

Esta é a miña prposta de spot, nel non publicito un producto en concreto, senón a marca Nike en xeral, co lema ''Be iconic, be Nike'', tratando de convencer ao cliente que usando productos da marca Nike destacará, e será diferente, icónico, especial e importante. Para convencilo collín como exemplo de iconocidade ao atleta Jesse Owens que se gañou a fama nas olimpiadas do 1936 en Berlín ao gañar catro medallas de ouro no nome de USA. Usei a un atleta en especial xa que Nike é unha marca de artículos deportivos.


viernes, 12 de mayo de 2017

Hamburguesa:

Para este traballo tiñamos que facer un cartel publicitario dunha hamburguesa vegana e crear un logotipo. No meu caso fixen o cartel para anunciar a hamburguesa vegana do restaurante ficticio "The Chief". Primeiro fixen o logotipo do restaurante:
(Algúns bocetos)



 RESULTADO FINAL:
Despois de crear o logo do restaurante, fixen o cartel da hamburguesa:
(Algúns bocetos)


RESULTADO FINAL: puxen o logo na esquina inferior esquerda, para eso deixei un espacio en blanco no plato no momento de sacar as fotos. Antes de empezar co cartel editei a foto, difuminei o fondo para centrar a atención do cliente na hamburguesa, añadinlle algúns brillos aos tomates e ao vaso de auga e retoquei a hamburguesa e o plato. Respecto ao texto, puxenlle un trazo blanco as letras para que foran mais lexibles e usei a V da marca vegana para cambiala pola B de "burguer" que axuda a recalcar o especial da hamburguesa que é o ser vegana e estar libre de crueldad animal.

Por último deixo algunhas fotos da hamburguesa:






lunes, 6 de marzo de 2017

Proxecto:

Para esta avaliación o noso profesor de deseño propúxonos crear un proxecto individual ou colectivo no que tiñamos que afondar en algunha rama do deseño e crear un traballo co que poder avaliarnos.
Ao principio comecei creando un par de proxectos cunha compañeira que acabaron quedando obsoletos por certos motivos, isto fíxome perder bastate tempo do trimestre. Para o proxecto decidín ir pola rama de deseño de produto e crear unha colección de chaveiros feitos manualmente.
Comecei buscando ideas de deseños nos que poder inspirarme e así descubrín unha páxina chamada ''Pinterest'' na que a xente sube imaxes dos seus traballos manuais ou os famosísimos ''DIY'' actuais. Aparte desta páxina tiven que buscar vídeos na web e pedir axuda a miña nai para crear certos adornos que utilicei para facer os chaveiros.
Como dixen previamente comecei coa idea final un pouco tarde así que me marquei como primeiro obxetivo a creacións dos bocetos, inspirándome como dixen antes en outras creacións vistas en ''Pinterest'', aquí deixo un enlace a unha carpeta creada por min nesa aplicación coas imaxes nas que me inspirei: https://es.pinterest.com/jessicaest12/dese%C3%B1o/
Xa con algunhas ideas claras na miña cabeza o seguinte obxetivo foi facer os bocetos:






Tras facer estes bocetos o que fixen foi plasmar as ideas finales con acuarelas e organizando os materiais que iba a utilizar na creación dos chaveiros:







Respecto aos materiais, algúns xa os tiña na casa como o fío para facer as borlas,ou abalorios que se caeran de pulseras vellas ou collares polo cal reutiliceinas, e a parte comprei moitos outros


Finalmente xa comecei co último obxetivo que era levar a cabo a creación dos chaveiros, este proceso levoume sobre unha semana e media. Durante o poceso fixen moitos dos adornos manualmente como as borlas, ou modificar os xa comprados.



Estas son as fotos do resultado final:








A parte destes chaveiros tamén tratei de facer chaveiros con goma eva, que fora unha idea que me dera o meu profesor, pero finalmente optei por non presentalos xa que quedarían moi diferentes aos que xa fixera, aínda así tratei de facer algún.

A colección dos chaveiros chameille ''Keyess'', unha fusión entre a palabra ''key'', chave en inglés, co meu nome. Para a colección fixen un pequeno vídeo para presentalos: