lunes, 15 de mayo de 2017

Ética e dereitos dos animais

Na semana temática deste ano os alumnos de primeiro e segundo de bachiller fixemos unha exposición de obras no centro social coa temática ''Ética e dereitos dos animais''. Para esta exposición decidín facer un cadro en acrílico en relación coa corta do corno de rinoceronte, en concreto para a creación de bebidas afrodisíacas que aínda que o seu resultado é un mito e non funciona, isto segue sucedendo levando así a morte e case extinción deste animal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario